O xornalista ‘Gonzo’ apadriña a Gran Recollida de Alimentos

PONTEVEDRA> O Banco de Alimentos de Pontevedra continúa cos preparativos para a gran recollida dos días 25 e 26 de novembro. Este ano, o padriño da cita será o xornalista vigués Fernando González, máis coñecido como Gonzo. El porá a súa imaxe á campaña “Ti, o eslabón máis importante”, coa que buscan superar os 80 mil kilos de alimentos recollidos na edición anterior.

 

Os días 25 e 26 de novembro o Banco de Alimentos e os seus voluntarios tomarán 40 supermercados da cidade de Pontevedra e das comarcas de O Salnés e do Deza. Faráno cun obxectivo: superar os 80 mil kilos de alimentos que recolectaron na Gran Recollida do ano pasado.

O xornalista Fernando González, máis coñecido como Gonzo, é o padriño da campaña. En anos anteriores, outros persoeiros como o futbolista Borja Oubiña ou os actores Luis Tosar e María Casado, tamén prestaron a súa imaxe para chamar a atención sobre estas necesidades.

Gonzo insistiu tamén na importancia dos voluntarios. E é que o Banco de Alimentos precisa a axuda de 500 persoas para poñer en marcha a Gran Recollida.

O xornalista tamén participará na Gran Recollida, e estará o venres como voluntario nun dos supermercados adheridos á campaña.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/04/banco_alimentos_ponte_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/04/banco_alimentos_ponte.mp4{/flowplayer}