Trinta comercios de Ribeira participarán na campaña do Black Friday

RIBEIRA> Se optan por realizar as súas compras no comercio local de Ribeira durante o venres día 29, saiba que estas lle poden saír gratis. A asociación de empresarios desenvolverá unha campaña con motivo do Black Friday coa participación dunha trintena de establecementos.

O sorteo celebrarase o día cinco de decembro na sede da asociación. Os premiados poderán entón presentar o seu ticket de compra para realizarlle o reembolso ata un máximo de douscentos euros. Como de costume, esta campaña conta coa participación do concello que segue a apoiar tódalas iniciativas destinadas a dinamizar o comercio de proximidade.

Ó longo de toda a xornada os clientes contarán ademais con media hora de estacionamento gratuíto para realizar as súas compras.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí