RIBEIRA> O concello de Ribeira avanza na mellora da seguridade viaria con novas medidas de calmado de tráfico. Acaba de sacar a licitación a instalación de dez radares pedagóxicos para mellorar a seguridade e protexer ós usuarios máis vulnerables da vía pública.
O concello de Ribeira sacou a licitación o subministro e instalación de dez radares pedagóxicos para favorecer a redución da velocidade de circulación en determinados puntos da rede viaria do municipio.
Estes dispositivos, alimentados con enerxía solar, non teñen carácter sancionador senón que actúan de xeito preventivo amosando e tempo real información sobre a velocidade que circulan os vehículos para que os condutores poidan reducir a velocidade.
O orzamento de licitación ascende a algo máis de 25 mil euros, financiados con cargo ó remanente municipal. As empresas interesadas dispoñen de prazo ata o 28 de outubro para presentar as súas ofertas.











