Unha pasarela cuberta conectará o colexio e o pavillón de Bergondo

NOIA> Avanzan a bo ritmo as obras de construción dunha pasarela cuberta entre o colexio e o pavillón de Bergondo. Esta estrutura, que mellorará a accesibilidade das instalacións, vén complementar as melloras de illamento térmico e reorganización de espazos acometidas no centro.

Antes de que remate o ano estará rematada esta pasarela que conecta o colexio Felipe de Castro de Bergondo co pavillón polideportivo. Esta infraestrutura permitirá salvar o desnivel existente entre os dous centros favorecendo a accesibilidade. Ademais evitará que os alumnos teñan que saír ó exterior para acceder ás instalacións deportivas posto que se trata dunha pasarela cuberta.

Esta actuación, cun investimento próximo ós cen mil euros, vense sumar ás actuacións en materia de eficiencia enerxética, illamento térmico e reorganización dos espazos do centro educativo. Procedeuse tamén á substitución da cuberta e a mellora da carpintería exterior do edificio.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí