Esperanza entre os emigrantes retornados ante a formación do novo goberno

RIBEIRA> Os emigrantes retornados do Barbanza desafiaron á chuvia nunha nova manifestación. Como cada último mércores de mes percorreron as rúas de Ribeira, dende a delegación de Facenda ata o concello, para volver a esixir un cambio nas súas obrigas fiscais.

Aínda que o día era especialmente gris, o certo é que un claro de esperanza abriuse para os emigrantes retornados. Nas negociacións para formar goberno, tanto o BNG como Esquerda Unida esixirán a modificación das condicións fiscais para este colectivo tanto no límite como na porcentaxe de IRPF.

Á espera de ver como evolucionan os pactos, de cara á formación dun goberno de esquerdas en Madrid, os retornados seguirán activos e na rúa. O próximo mes non convocarán manifestación por coincidir co Nadal aínda que si manterán a xuntanza mensual para dar conta das novidades a tódolos afectados.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí