RIBEIRA> A corporación municipal de Ribeira ofreceu unha recepción ós deportistas de kempo que veñen de participar no Campionato de Europa coa selección españolas. Os barbanzáns fixéronse con 18 medallas nas distintas categorías que evidencian a gran proxección deste deporte na comarca.
Familiares, amigos e representantes institucionais quixeron con este acto, celebrado a pasada tarde no salón de plenos de Ribeira, recoñecer o esforzo dos deportistas do Club Kempo Barbanza que veñen de conseguir 18 medallas no campionato de Europa celebrado en Ciudad Real.
Capitaneados por Iván Parada, ouro no semi de menos de 80 kilos senior e prata en katas senior, atopábanse as promesas do club: Noa Santamaría, Naira Parada, Marta Teira, Noah Olveira, Thiago Vidal. Xuntoa eles, o pobrense Juanra Millares ouro en semikempo e en knckdown, prata en fullkempo e categoría master de menos de70 kilos.
Dende o concello fixéronlle entrega dun agasallo en recoñecemento á súa dedicación e esforzo.











