A ocupación hoteleira de Sanxenxo para esta ponte é total

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/08agosto/14/hoteis.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/08agosto/14/hoteis_Turismo_agosto.mp4{/flowplayer}

    SANXENXO> Case a totalidade dos hoteis e establecementos hosteleiros de Sanxenxo teñen colgado o cartel de cheo para esta ponte festiva, e parece que a tendencia se manterá o resto do mes de agosto. Unha das claves segue a ser a influencia do paso da volta ciclista por estas terras. Os establecementos hostaleiros de Sanxenxo están a repuntar en ocupación nesta ponte festiva, aínda que levan todo o verán mantendo o tipo malia o mal tempo. Arestora están case o 100 % da súa ocupación e este mes podería serlles moi favorable, á falta do peche do exercicio. Xa no pasado mes de xullo, a ocupación continuou timidamente á alza no xeral dos establecementos. Unha das causas que está a repercutir neste incremento da ocupación é o tirón da Volta Ciclista a España de edicións anteriores. O Presidente da CETS, Fernando Touriño, valorou tamén o estudio da empresa Trivago na que se asegura que os hoteis españois son un 13 % máis caros que fai un ano. Ante este descontrol de prezos, Touriño propón adaptarse ós novos tempos e ás fórmulas de negocio imperante.