PONTEVEDRA> Os traballadores da empresa Celso Míguez manifestáronse hoxe en Pontevedra. O obxectivo deste acto, reclamar o pago dos seus salarios e a creación dun plan de viabilidade.
Tras máis dun ano con problemas no cobro dos seus salarios, os traballadores de Celso Míguez decidiron saír hoxe a rúa para defender os seus dereitos. A empresa leva tres meses sen abonar as súas nóminas, ademais das dúas pagas extraordinarias. Unha situación que afecta a uns 90 traballadores.
Os traballadores de Celso Míguez están fartos das continuas escusas recibidas por parte da empresa e piden unha solución de inmediato.
Os sindicatos aseguran que esta situación débese a un mala xestión por parte da empresa e, por iso, esixen que se elabore un plan de viabilidade.
Nos vindeiros días, os traballadores celebrarán unha asemblea para analizar cales serán os seguintes pasos a seguir.