PONTEVEDRA> Prezos altos e poucas vendas na praza de Pontevedra, a 4 días da noiteboa. O mal tempo das últimas datas fixo que o peixe e o marisco subise e que moitos clientes aprazasen as súas compras. As praceiras agardan que as vendas melloren a partir do día 22 e salvar unha campaña vital para as súas contas. No caso das carnicerías o produto que se encareceu estes días é o cordeiro.
A 4 días para noiteboa, as prazas de abastos entran nunha semana clave para as súas vendas. Nestas datas a demanda de marisco e peixe é moi alta para preparar as ceas de nadal. O temporal dos últimos días está condicionando as vendas.
A variación non é moi grande con respecto a outros, aínda que nalgúns mariscos nótase máis.
Cada vez son máis as persoas que realizan as súas compras por adiantado e conxelan o mariscos, os que non o fan, segundo indican as praceiras, soen agardar a última hora.
Entre os mariscos máis vendidos non falta a raíña, a centola.
Para as praceiras, a campaña de nadal é clave para axustar as contas de todo o ano.
No caso das carnicerías tamén se nota o aumento dos prezos nalgúns produtos.
As prazas de abastos continuarán abertas ata o día 24. As vendedoras destacan a calidade do seus produtos e a súa frescura.











