Os concellos que participen no Revitaliza terán que serapar en orixe todas as fraccións de lixo

PONTEVEDRA> Novidades no Plan Revitaliza. A Deputación de Pontevedra anuncia unha segunda etapa do seu proxecto de xestión de residuos orgánicos para mellora-la súa eficiencia e cumprir coa normativa europea. O goberno provincial pretende que os concellos adheridos asuman a separación de todo lixo en orixe. Tamén se contemplan bonificacións para as boas prácticas e un sistema gradual de taxas para os negocios.

A Deputación de Pontevedra dá por rematada a primeira etapa do Plan Revitaliza. Entenden que chegou o momento de seguir avanzando na xestión dos residuos orgánicos.

O goberno provincial vai levar ao Pleno deste venres unha modificación da ordenanza da compotaxe local, con impacto en tódolos concellos adheridos. A nova etapa contempla como universal a separación en orixe de tódalas fraccións.

Tamén se contemplan primas para aqueles usuarios que cumpran. Ademais, no caso de actividades económicas e negocios terase en conta a capacidade real de xeración de residuos, na procura dun modelo máis xusto.

A Deputación encargarase de facer unhas ordenanzas ‘tipo’ para remitir aos concellos que forman parte do Revitaliza.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí