Pontevedra Alternativa pon deberes a ENCE de cara a súa nova etapa en Lourizán

PONTEVEDRA> Pontevedra Alternativa pon deberes a ENCE na súa nova etapa en Lourizán. A formación, que se presenta aos comicios do vindeiro mes de maio, reclama á pasteira investimentos na factoría, a creación de emprego local e a construción da comprometida planta de Biomasa. Tamén presentaron unha solicitude na fábrica para realizar unha visita oficial.

Pontevedra Alternativa pon deberes a ENCE. Tras coñecerse o fallo do Tribunal Supremo que dá validez á prórroga da súa concesión en Lourizán, a formación demanda investimentos na factoría. Entre eles, reformas que permitan eliminar a súa dependencia do Lérez.

Recuperar o investimento en infraestrutura, a creación de emprego local e investigar para mitigar o impacto da fábrica na súa contorna, son outras das medidas que esixe a formación que se presentará ás eleccións municipais do mes de maio. Tamén reclaman a construción da planta de biomasa comprometida por ENCE ante a Xunta.

A formación solicitou tamén na fábrica a realización dunha visita oficial para coñecer de primeira man as instalacións.

O seu obxectivo é, aseguran, comezar unha relación de comunicación aberta e proactiva entre ENCE e a cidadanía.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí