O humor, a música e os espectáculos acrobáticos chegan a Lourido co Festival Chalaniña

POIO> O Concello de Poio acollerá a vindeira semana o Festival Chalaniña. Un evento que se desenvolverá no entorno de Lourido e no que haberá diferentes espectáculos acrobáticos. Este programa está enmarcado dentro da iniciativa “Reinicia o verán”.

Continúa a programación do “Reinicia o verán” de Poio. Este espazo será un dos escenarios por onde pasará unha das actividades máis esperadas polos máis pequenos. O Festival Chalaniña chegará a vindeira semana a Lourido con tres espectáculos onde o humor, o teatro e a música farán vibrar a todos os asistentes.

O Festival Chalaniña arrancará o vindeiro luns con Peter Punk Pallaso en Costa Xiráldez. O martes será a quenda de Xampatito Pato na praia da Cabeceira e, para pechar este evento, o mércores será a actuación de Kanbahiota: La Coquette na Praia de Lourido. Todas as actividades contarán cun estrito protocolo de seguridade.

As tres actuacións do Festival Chalaniña terán lugar ás 8 da tarde e serán de balde.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí