PONTEVEDRA> Malestar no Instituto Frei Martín Sarmiento de Pontevedra. Un grupo de alumnos deste centro estase vendo afectados pola simultaneidade horaria de dúas materias. Un malestar que se incrementa ante a pasividade da Xunta de Galicia, que fai oídos xordos ás demandas da comunidade educativa.
Comeza o curso escolar e os alumnos teñen que escoller as materias troncais opcionais que queren impartir. No segundo curso do bacharelato de artes hai tres opcións: Artes Escénicas, Cultura Audiovisual e Deseño. Destas tres materias, os escolares teñen que escoller dúas. Catro alumnos deste centro pontevedrés, decidiron elixir Cultura Audiovisual e Deseño pero, cando comezaron as clases, déronse conta de que estas dúas materias cursábanse simultaneamente. Ante esta problemática, o instituto ofreceu unha solución.
Esta non era a primeira vez que acontecía algo similar e que os alumnos deste centro optaban por esta opción para seguir co seu curso escolar. Así e todo, nesta ocasión o inspector de educación rexeitou esta posibilidade e ofreceu outra.
Pero esta opción non é viable xa que a metodoloxía de traballo da profesora que imparte Cultura Audiovisual non é compatible con este formato. Por iso, a comunidade educativa tratou de poñerse en contacto con César Ares, o xefe territorial de Educación en Pontevedra.
Tras este feito, a comunidade educativa púxose directamente en contacto co conselleiro de Educación Román Rodríguez, pero aínda non tiveron resposta.
Esta situación está a xerar graves problemas para o alumnado, por iso, os pais e nais dos estudantes afectados piden ao conselleiro de Educación que, ou ben lles deixen mudar a súa matrícula ao instituto da Xunqueira I, onde tamén se imparte o Bacharelato de Artes, ou ben lles permita cursar a materia de Cultura Audiovisual de maneira online no instituto San Clemente.