Gonzalo Caballero pide apoio para aprobar uns Orzamentos con “gran carácter social”

PONTEVEDRA> O secretario xeral do PSdeG visitou hoxe Pontevedra para pedir o apoio de todas as forzas políticas aos Orzamentos Xerais do Estado. Gonzalo Caballero puxo en valor o carácter social destes presupostos e asegurou que son especialmente beneficiosos para todos os galegos.

Gonzalo Caballero achegouse hoxe a Pontevedra co obxectivo de pedir o apoio de todas as forzas políticas aos Orzamentos Xerais do Estado. Segundo o secretario xeral do PSdeG, estes presupostos dan prioridade ás persoas e buscan salvar a toda a cidadanía das consecuencias que traerá a crise da Covid.

O portavoz socialista quixo poñer en valor hoxe o carácter social dos orzamentos e lembrou os beneficios que, segundo el, terán os galegos e galegas con estes presupostos.

Ante as críticas xurdidas entre os empresarios, Gonzalo Caballero é contundente.

O socialista defendeu tamén o voto favorable de Bildu a estes orzamentos e aproveitou para enviar unha mensaxe ao BNG.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí