Pontevedra preséntase como ecodestino en Fitur da man de Bruce Lee

MADRID> A cidade de Pontevedra centrou o seu paso por Fitur na súa enogastronomía e sobre todo, no turismo sostible. Dentro desta última promoción, destaca o seu proxecto Flúe, presentando a través dunha peza audiovisual cuxo protagonista é unha imitación de Bruce Lee. O concello quere con este vídeo afastarse dos típicos montaxes con drones e espazos verdes e aproveitar unha personaxe tan coñecida para quedar na retina dos representantes dos diferentes países de todo o mundo. O paso por fitur tamén permite a Pontevedra pechar acordos con touroperadores e empresas, o máis importante cos directivos de Ferrocarrís de España para ampliar a vía verde do Salnés ata a Boa Vila.

Pontevedra regresa a Fitur presumindo da súa gastronomía e as súas paisaxes naturais. Para promocionar a súa gastronomía, a boa vila, repite co lema Pontevedra capital Gastro e coa presencia de Paco, a personaxe que tanto éxito lle deu na presentación do ano pasado. As paisaxes naturais e o turismo sostible póñense en valor a través do proxecto flúe, que este ano presenta un novidoso vídeo cuxo protagonista é Bruce Lee.

Pontevedra xa amosou o vídeo nas súas redes sociais acadando gran repercusión a nivel autonómico e incluso nacional. O que busca a boa vila con este vídeo é afastarse das pezas audiovisuais que mesturan imaxes de paisaxes de drones con música. Bruce Lee apórtalles esa diferenciación con humor e lles permite achegarse tamén ao turismo asiático.

Dende Pontevedra destacan a importancia de estar en Fitur pola gran repercusión que ten e por poder manter conversacións e acordos cos touroperadores que, segundo definen, son os que crean os menús para os turistas.

Dentro de esas reunións e acordos, Pontevedra reunirase cos dierectivos de ferrocarrís de España para intentar expandir a vía verde do Salnés ata a boa vila.

A presenza en Fitur supón ademáis dunha gran repercusión de promoción turística, a concreción de acordos que se reflexan na boa vila. Acordos que xa permitiron atraer a Pontevedra diferentes axudas dos fondos Next Generation.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí