A Caravana morada do GDR asesorou a máis de mil persoas en cada concello contra a violencia machista

RIBADUMIA> A caravana morada do GDR Salnés Ulla – Umia desprazouse hoxe a Ribadumia e Moraña. O obxectivo desta iniciativa é informar e axudar ás persoas que sofren violencia de xénero.

O GDR Salnés Ulla – Umia puxo en marcha unha nova iniciativa para combater á violencia de xénero. A través dunha caravana morada unha axente de igualdade e unha psicóloga percorren os municipios do territorio deste GDR para informar e axudar ás persoas que sobren violencia machista.

A caravana morada serve como punto de apoio aos centro de información á muller dos diferentes concellos.

A caravana estivo hoxe en Ribadumia e Moraña. Un reforzo máis ás actividades que realizan os concellos para eliminar a violencia machista.

Dende a caravana reparte folletos informativos, pulseiras e adhesivos coa información de contacto para chamar en caso de vivir ou coñecer situacións de violencia de xénero. Dende a caravana indican que en cada vila reciben a visita de máis de mil persoas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí