O Banco de Alimentos de Monte Porreiro reparte comida entre 200 familias, un 40% máis que en marzo

PONTEVEDRA> A demanda do Banco de Alimentos de Monte Porreiro aumentou nun 40% durante esta crise sanitaria. Moitas familias levan meses sen ter ingresos e víronse excedidos pola pandemia. Unha labor da Asociación de Veciños O Mirador que é fundamental para o barrio pontevedrés.

A crise do coronavirus deixou sen ingresos a centos de familias. Moitos están á espera de cobrar os ERTEs pero, ata entón, teñen que votar man dos aforros ou das axudas. Unha situación que obrigou a moitas persoas a achegarse ata este Banco de Alimentos de Monte Porreiro.

Dende que comezou a pandemia, este Banco de Alimentos viu como a súa demanda crecía ata un 40%.

Moitas das familias que se achegan ata aquí o fan por primeira vez tras ver como se reduciron drasticamente os seus ingresos.

Os responsables da asociación de veciños O Mirador, que son os encargados de distribuír estes alimentos, vense superados por esta situación e aseguran que o peor está aínda por chegar.

O presidente da asociación veciñal vive esta situación con preocupación polo que está aínda por chegar pero convencido de que seguirán traballando para axudar a todas as familias que máis o necesitan.