O Mercado de Abastos, primeiro e único espazo de Pontevedra coa iluminación de Nadal

PONTEVEDRA> A praza de abastos de Pontevedra xa loce a súa decoración de Nadal. Trátase do primeiro e único espazo da cidade iluminado, despois de que a parte nacionalista do goberno local decidira retrasar o alumeado das rúas ao día 16 de decembro. Á inauguración asistiron concelleiros socialistas e do Partido Popular. Tamén representantes das asociacións empresariais e hostaleiras da cidade.

O Mercado de Abastos de Pontevedra é o primeiro e único espazo da cidade que loce decoración de Nadal.

O PSOE desmárcase así da postura dos seus socios de goberno. O BNG decidiu non prender o alumeado de Nadal nas rúas da cidade ata o vindeiro 16 de decembro por, aseguran, enviar unha mensaxe de concienciación sobre a crise climática.

A decoración da praza foi inaugurada cunha visita na que participaron os concelleiros do PSOE, edís do Partido Popular e representantes das asociacións de comerciantes e hostaleiros. Entre eles, o presidente de AEMPE, que amosou o seu descontento coa decisión do goberno local.

O seguinte espazo no que a concellería de Promoción Económica vai actuar é a Alameda. Alí comezarán próximamente os traballos de instalación das cinco carpas de Ponte Xogos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí