A Xunta remite ó concello de Ribeira a orde de derrube de ‘Hesta Kurva’

RIBEIRA> No lugar no que ocupa a antiga discoteca emprazarase a futura residencia de maiores.

Segundo informan dende o Goberno Autonómico será o primeiro centro no que se aplicarán as innovacións do novo modelo residencial.

A Xunta investirá 10 millóns de euros neste novo equipamento, que contará con 100 prazas distribuídas en módulos de convivencia de 25 residentes, con habitacións individuais e baños adaptados.

Ademais, o inmoble estará dotado da máis avanzada tecnoloxía para mellorar o benestar dos usuarios, como xa se fixo na residencia pública da Estrada. Contará tamén con zona axardinada exterior, ó emprazarse nun lugar privilexiado a carón da praia de Coroso.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí