Sete meses sen camiño

RIANXO> Van alá sete meses dende que o vial que une o lugar da Ermida coa Ferrería, na parroquia rianxeira do Araño, está pechado ó tráfico a consecuencia do derrube de parte do muro dunha vivenda no Rabado.

A pesar de que o executivo local dera orde no seu día ós propietarios para que procedesen á retirada das pedras, e garantir así a seguridade na zona, abrindo ó trafico o camiño, polo de agora segue do mesmo xeito.

Dende a Asociación de Veciños do Araño esíxenlle ó equipo de goberno que busque unha solución o máis axiña posible, debido ós enormes prexuízos que esta situación está a provocar, pois estase a alongar máis do agardado no tempo.

Dende a entidade entenden que se trata dun novo caso de deixadez por parte do executivo local, que podería ser aplicable, segundo eles, a outros temas de interese para a parroquia, como é o caso do Plan Xeral, o parque infantil de Buía ou a traída de auga municipal, entre outros.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí