Noia inicia os trámites para delimitar os terreos da futura rotonda da Barquiña

NOIA> A aprobación do proxecto de expropiacións para a construción da rotonda da Barquiña supón un novo paso para a mellora da seguridade viaria na travesía de Noia. A Xunta investirá na actuación máis dun millón de euros.

Trala aprobación definitiva do proxecto de expropiacións para a futura rotonda da Barquiña, o concello iniciará os traballos para a delimitación dos terreos nos próximos meses.

A nova glorieta e a mellora xeral de toda a travesía suporá un investimento de máis dun millón de euros por parte da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí