BOIRO> A directora de Relacións Institucionais de Jealsa, Margarita Hermo, vén de ser nomeada como Embaixadora de Honra da Fundación Stop Leucemia.
O nomeamento responde o seu decidido apoio, compromiso e sensibilidade a prol de numerosas iniciativas destinadas a promover os distintos xeitos de doazón e a loita contra o cancro hematolóxico.
O recoñecemento tiña lugar onte pola tarde, nun acto celebrado no Hostal dos Reis Católicos en Santiago, no que ademais da homenaxeada participou a directora da Axencia Galega de Doazón de Sangue, Marisa López García, e o hematólogo e líder do grupo de investigación da Fundación Stop Leucemia, Adrián Mosquera.











