O voto de calidade do alcalde desfai o empate na aprobación dos orzamentos

RIBEIRA> O executivo ribeirense conseguiu aprobar ‘in extremis’ os orzamentos municipais deste ano. Fíxoo grazas ó voto de calidade do alcalde, Manuel Ruíz, despois dun empate técnico, con nove votos a favor e nove en contra. A abstención do BNG e a ausencia no pleno da edil do PBBI, Herminia Pouso, facilitaron tamén as cousas.

O PP saíuse finalmente coa súa e foi quen de sacar adiante o orzamento deste ano, que ascende a 22’3 millóns de euros. Aínda así e falando en termos futbolísticos, foi unha vitoria apurada e no tempo de desconto, despois de que a votación resultase cun empate técnico. Nove votos a favor, os do equipo de goberno, e nove en contra, 6 do PBBI, 2 PSOE e 1 de Suma Ribeira. A ausencia no pleno da edil do PBBI, Herminia Pouso, e a abstención dos dous concelleiros do BNG, xunto co voto de calidade do alcalde, Manuel Ruíz, permitíronlle sacar adiante as contas.

Dende as filas da oposición criticouse fundamentalmente o retraso en presentar os orzamentos…

Pero tamén criticaron a falla de numerosas partidas que deberían estar incluídas no documento orzamentario e non o están..

Dende o goberno volveron a insistir en que a necesidade de aprobar os presupuestos se ó feito de ter que consolidar o gasto xa realizado e dar cumprimento tamén a unha serie de compromisos adquiridos en pleno.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí