Un incendio no parquing da Praza de España obriga a actuar a bombeiros de Ribeira e Boiro

RIBEIRA> Un incendio rexistrado esta pasada madrugada no interior do parquing da praza de España, obrigou a mobilizar ós bombeiros de garda dos parques de Ribeira e Boiro. O lume foi extinguido rapidamente e non chegou a afectar a ningún dos vehículos que había no seu interior.

O lume orixinábase ó redor das catro desta pasada madrugada no interior do parquing que xestiona a empresa Mirón y Gutiérrez. Unha chamada alertando do suceso ó 112  mobilizou a dúas dotacións dos parques de bombeiros de Ribeira e Boiro. A rápida intervención dos equipos de emerxencia que deron sufocado as lapas en moi pouco tempo, posibilitou que o lume non fora a máis, e non chegara a afectar ós vehículos dos residentes con praza de garaxe.

Ó parecer, as lapas orixináronse, por causas aínda por determinar, nun espazo no que se acumulaban entullos e restos de madeira. Ata o lugar do incendio desprazáronse tamén Policía Local e Policía Nacional. Esta última iniciou ademais unha investigación para determinar as posibles causas do lume.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí