A Pobra segue a promover a formacion cun novo curso de monitor de tempo libre

A POBRA> O concello da Pobra convoca unha nova edición do curso de monitor de ocio e tempo libre. Trátase dunha formación moi demandada en toda a comarca posto que constitúe unha saída laboral que precisa cada vez de máis profesionais. O curso, que disporá de 20 prazas, desenvolverase entre os meses de novembro e abril.

A principal novidade nesta terceira edición serán as datas posto que comezará moito antes para evitar que coincida coa tempada final dos exames posto que moitos mozos compatibilizan esta formación con outro tipo de estudos.

Desenvolverase tódolos sábados entre o 12 de novembro e o 15 de abril, a excepción das datas de Nadal e o mes de xaneiro. En total ofertaranse 20 prazas. O custo da inscrición é de 200 euros pero se contemplan numerosas bonificación polo que pode saír ata de balde reunindo determinados requisitos.

Os interesados en participar poden inscribirse no rexistro xeral do concello ou a través de sede electrónica entre o 18 e o 24 de outubro.

O curso componse de 350 horas de formación teórico-práctica. Ademais de monitor de ocio inclúe un curso de acompañante e transporte escolar e de manipulador de alimentos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí