Ribeira volve a ampliar o prazo para o pago de tributos e taxas

RIBEIRA> O executivo ribeirense ampliará ata o 15 de maio o pago das taxas de auga, lixo e sumidoiros. Tamén aprazará ata o 15 de xuño o imposto de vehículos. Estas són as últimas medidas económicas tomadas polo executivo por mor da crise do coronavirus.

Co fin de facerlle máis levadeira a situación e evitar que nestes momentos de dificultades económicas os veciños deban afrontar novos gastos, o executivo ribeirense decidiu ampliar ata o 15 de maio o prazo para  o pago das taxas municipais polos servizos de subministración de auga potable, recollida de lixo e redes de sumidoiros correspondentes ó último trimestre de 2019.

Outra das medidas tomadas afecta ó pagamento do Imposto de Vehículos de Tracción Mecánica que poderá realizarse ata o15 de xuño.

O Concello acordou ademais colocar as bandeiras da casa consistorial a media hasta como homenaxe e respecto a tódalas persoas vítimas desta crise do coronavirus.