VILAGARCIA> Os tamagochis triunfan este nadal como o xoguete máis demandado polos máis pequenos. Os Playmobil entre os nenos, e as bonecas Raibown entre as nenas, son os outros xoguetes que ocupan o podio dos desexos. A pesar desta diferenciación, cada vez ráchase máis a brecha entre xoguetes para nenos e xoguetes para nenas.
Esta fin de semana chega unha das noites máis agardadas polos nenos e nenas, a visita de Papa Noel. Os máis pequenos xa fixeron as súas peticións e entre os desexos, hai un xoguete que destaca por riba de todos, o tamagochi, un clásico que regresa.
Outros xoguetes que triunfan son os playmóbiles e as bonecas raibown.
A pesar desta distinción entre xoguetes de nenos e nenas, esta brecha cada vez rómpese máis.
As tendas de xoguetes están nun momento clave para as súas vendas e ven con satisfacción como a xente volve a confiar en eles por riba de outras grandes cadeas ou plataformas online.
E é que son moitas as vantaxes de comprar nos pequenos negocios
A pesar de que cada vez crecen máis os agasallos de Papa Noel, os reis magos seguen sendo os grandes protagonistas na nosa contorna. As tendas de xoguetes continuarán abertas para aconsellar aos clientes para que merquen o boneco ideal.