RIBEIRA> Ademais do persoal, dende o concello de Ribeira lembran as necesidades que presentan as instalacións de moitos centros educativos do municipio. Ó longo deste verán, o executivo municipal ten investido preto de 40 mil euros na mellora de varios colexios.
O concello de Ribeira comezou o curso cos deberes feitos. Ó longo deste verán destinou preto de 40 mil euros de fondos propios para poñer a punto as instalacións dos centros educativos. O alcalde a concelleira de Educación visitaron esta mañá a escola infantil de Deán Grande na que se acometeu unha das obras principais coa construción de tres baños adaptados e a conexión á rede de saneamento.
Outros centros do municipio foron tamén obxecto de mellora. En Olveira tamén se construíu un balo mentres que en Palmeira e Frións realizáronse diversas actuacións en materia de accesibilidade, entre outras. No CEIP O Grupo, renovouse o peche da pista deportiva, no pé do Corniño en Carreira procedeuse á substitución da tarima nunha aula mentres que na Capela procedeuse á reparación do enreixado e mellora de desaugue. Os colexios de Artes e de Aguiño foron tamén obxecto de traballos de mantemento, acometidas pola brigada de obras.
Ademais da intervencións nos centros, dende o concello destacaron o mantemento de servizos imprescindibles para a conciliación como os Madruga os comedores escolares grazas ó financiamento para a contratación de monitores por parte das ANPAS.











