RIBEIRA> O concello de Ribeira oferta tres cursos dentro do programa Muller TIC, encamiñado a mellorar a capacitación dixital entre a poboación feminina e reducir a fenda de xénero. Centrarase no manexo de ferramentas para a busca de emprego.
No mes de marzo comezarán as accións formativas do programa Muller TIC que promove o concello de Ribeira en colaboración coa asociación Cibervoluntarios. O programa componse de tres cursos centrados todos eles no manexo das ferramentas para a busca do emprego e para favorecer o emprendemento.
Os cursos terán lugar na aula CEMIT os días 2 e 16 de marzo e o 6 de abril. As interesadas en participar poden solcitar máis información ou inscribirse no teléfono 981 87 60 43 ou a través do endzo cemit.ribeira@xunta.gal. Non hai límite de prazas e son gratuítos.











