A Xunta licitará nas vindeiras semanas as obras de rehabilitación integral do CEIP Castelao

RIANXO> Construído hai máis de 50 anos, a reforma do CEIP Castelao antollábase a todas luces necesaria.

De aí que a consellería de Educación decidise realizar un proxecto de rehabilitación integral para corrixir as eivas xurdidas ó longo de todos estes anos.

Esta mañá o Conselleiro, Román Rodríguez, visitaba as instalacións para coñecer de primeira man en que vai a consistir a actuación na que a Xunta prevé investir algo máis de un millón de euros.

Segundo anunciou as obras prevense licitar no primeiro trimestre de 2023 e incluirán entre outras actuacións a impermeabilización exterior do edificio mediante a instalación dun sistema de illamento térmico, a reforma da cuberta así como a substitución das fiestras.

Dende o Concello mostraron a súa satisfacción por este agardado anuncio, que virá a satisfacer unha vella demanda da comunidade educativa deste centro.

As previsións de Educación pasan porque as obras poidan iniciarse antes do remate do verán, compatibilizando os traballos co propio desenvolvemento das clases, interrompendo o menos posible a actividade lectiva.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí