A campaña de doazón de sangue de verán conclúe esta fin de semana en Noia

NOIA> A campaña especial de verán de doazón de sangue chegará á súa fin en Noia. A unidade móbil estará instalada na praza do concello dende mañá venres ás dez da mañá ata o sábado ás tres da tarde. Os interesados en doar deberán ser maiores de 18 anos e acudir co DNI.

A Axencia Galega de Doazón de Órganos e Sangue elixiu Noia para poñer o broche de ouro da súa campaña especial de verán. A elección non é casual senón que este municipio barbanzán están entre os que presentan mellores taxas de doazóns case duplicando a media galega.

Dende a Axencia animan ós noieses a sumarse a esta campaña que busca incrementar as reservas de sangue nos hospitais galegos para obter glóbulos vermellos, plasma e plaquetas.

A unidade móbil estará instaladas na praza do concello mañá venres de dez a dúas e de catro a nove e o sábado de dez a tres.