MADRID> A Ría da Estrela aposta polo patrimonio industrial. A iniciativa turística busca potenciar o valor patrimonial dos restos industriais dos que goza a ría de Muros-Noia.
A intención dos cinco concellos que integran o proxecto é poñer en valor o patrimonio herdado da actividade industrial do pasado. No caso de Noia, salienta a central hidroeléctrica do Tambre.
Dende Muros propóñennos visitas guiadas a varios puntos de interese. En Outes, poderemos desfrutar da ruta dos carpinteiros cos pés mollados. Dende Porto do Son convidar a percorre-lo Museo Marea. E en Lousame poderemos visita-la estrela do patrimonio industrial da zona: as minas de San Fins.
En definitiva, a ría da Estrela ofrece ó visitante todo un tesouro, herdado do pasado.