O BNG de Noia respalda á comunidade educativa fronte os recortes

NOIA> Ademais de denunciar os recortes no Parlamento, o BNG de Noia levará a pleno a aprobación dunha declaración institucional para reclamar á Xunta a dotación de persoal suficiente nos centros afectados.

Ademais de compartir coidador co IES Campo de San Alberto, o colexio da Barquiña afronta este curso outros recortes en materia de persoal docente. O problema máis grave é a falta dun titor para o desdobre de terceiro a pesar de superar a ratio posto que tres alumnos desta unidade precisan de apoios específicos. O BNG fíxose eco das demandas da comunidade educativa e denunciará os recortes a través do seu grupo parlamentario.

A nivel municipal, a agrupación local levará a pleno este xoves unha declaración institucional en apoio ós centros e ANPAS afectadas instando á Xunta a proporcionar os medios necesarios para garantir unha educación pública de calidade.