Anedia desenvolverá en Outes un campamento de verán

OUTES> O concello de Outes acolleu a presentación do campamento de verán que a a Asociación de nenas, nenos e xente nova con diabete, Anedia, vai desenvolver na localidade do 7 ó 11 deste mes de agosto.

A proposta, dirixida a nenos de entre os 12 e os 17 anos que padezan esta enfermidade, incluirá un amplo e variado programa de actividades que inclúen actividades náuticas, xogos na praia, scape room ou rutas de sendeirismo nocturnas, entre outras.

Dende o Concello mostráronse encantados de poder colaborar con Anedia no desenvolvemento deste campamento, que terá acubillo nas instalacións deportivas de Roo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí