Veciños de Santa Cristina de Barro denuncian a existencia de vertedoiros incontrolados

NOIA> Os veciños de Santa Cristina de Barro denuncian a existencia de vertedoiros incontrolados en varios puntos da parroquia. A pesar de ter comunicado os feitos ó concello en reiteradas ocasións, a administración local non lles da solución.

Día a día, e ano tras ano, os veciños de Santa Cristina de Barro vén como todo tipo de residuos se amontoan ó carón dos contedores de lixo. Se ben son conscientes de que a responsabilidade non é do concello, senón dalgúns incívicos, instan á administración local a poñer solución a este problema que xa perdura no tempo.

Tras denunciar os feitos en numerosas ocasións no concello, Javier Rey xa non sabe a quen acudir para poñer fin a este problema que ademais do impacto medioambiental supón un foco de insalubridade para as vivendas da zona.

Ademais dos vertedoiros, os veciños quéixanse da falla de limpeza e o mal estrado das estradas en toda a parroquia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí