Numerosas persoas asistiron en Lousame á Festa do Carneiro

LOUSAME> A cita gastronómica, que chegaba este ano á súa décima edición, desenvolveuse nunha carpa instalada no campo da festa de San Roquiño, baixo a organización da asociación cultural San Roquiño en colaboración co Concello.

Éxito de público e de organización na décima edición da Festa do Carneiro celebrada este pasado sábado no campo de San Roquiño. A organización desta cita gastronómica que co paso dos anos se está a converter nun polo de atracción para os amantes do bo comer, correu a cargo da asociación cultural San Roquiño, que contou coa colaboración co Concello. Este ano servíronse ao redor duns 350 quilos de carneiro e outros tanto de patacas con pemento, que é como se prepara ao estilo San Roquiño.

As racións vendéronse este ano a un prezo de trece euros, un euro máis que o pasado ano. Unha cantidade non demasiado elevada se temos que valorar o rico que estaba.

Coma en claquera festa que se precie tampouco faltou a música, da man do grupo de gaitas local ‘Ó son do Pote’ e tamén dunha discoteca móbil, que continuou a festa ata altas horas da madrugada.