NOIA> A academia de Baile Kitis Katis de Noia organiza por terceiro ano consecutivo o seu festival benéfico. Será o 15 de xuño na Sociedade Liceo. Tódolos fondos recadados destinarase ás asociacións FUNDAME E ASGPOH.
O próximo luns sairán á venda as entradas para o Festival Benéfico Kitis Katis. Poderanse adquirir no Liceo de Noia por tan só catro euros, que darán dereito a gozar dun espectáculo de primeiro nivel inspirado este ano nos anos 70, 80 e 90.
Os fondos recadados irán novamente a financiar proxectos das asociacións benéficas FUNDAME e ASGPOH, dedicadas á investigación de enfermidades raras.
O aforo do liceo rolda as 650 localidade. Dende a organización non dubidan que se encherán de contado como nos anos anteriores.











