Volven as Festas do Carme de Porto do Son

PORTO DO SON> Un ano máis chegan a Porto do Son as Festas do Carme. Comezarán este mesmo sábado, 7 de setembro, e na vila sonense estarán de troula durante cinco días nos que estarán presentes un total de dez orquestras.

Panorama e París de Noia son dous pratos fortes destas festexos. Pero tamén haberá unha gran sardiñada, un torneo de fútbol e moitas actividades durante as tardes para os máis pequenos.

En apenas un mes, a comisión conseguiu sacar adiante estas festas, polo que dende o Concello de Porto do Son quixeron agradecer o seu gran traballo. Xa que estas festas tamén son moi importantes para o turismo da vila.

A partir do vindeiro sábado e durante cinco días, quen se achegue ata Porto de Son poderá gozar de música, gastronomía e, sobre todo, de troula. As Festas do Carme rematarán o próximo mércores, día no que haberá fogos de artificio.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí