RIBEIRA> O concello de Ribeira inviste preto de 400 mil euros na instalacións de paneis solares en varios edificios públicos. As obras acometéronse na Oficina de Turismo do Malecón, a sede da policía local, o centro de raqueta de Coroso e o conservatorio municipal.
Ribeira segue a apostar pola sustentabilidade das instalacións públicas ás que está a dotar de sistemas enerxéticos máis eficientes para favorecer o aforro e reducir a pegada medioambiental. Nos útlimos meses, o concello destinou 375 mil euros para instalar paneis solares en catro edificios municipais.
Estas catro intervencións súmanse ás acometidas o pasado ano coa instalación de placas fotovoltaicas no auditorio, o complexo deportivo da Fieteira e a Unidade de Condutas Aditivas de Coroso, cun investimento de 260 mil euros. Tamén se está a actuar en instalacións deportivas coa renovación do alumeado que permite aforrar fondos públicos destinados a atender outras necesidades dos veciños.











