O mercado da Pobra acolle en decembro tres Mostras de Cociña de Nadal

A POBRA> O mercado da Pobra acollerá ó longo do mes de decembro varios showcookings a cargo de cociñeiros locais. Ofrecerán distintas propostas de menú para este Nadal baseadas nos produtos de proximidade.

O próximo venres 1 de decembro comezan as Mostras de Cociña do Nadal na praza de abastos da Pobra. Serán tres en total a cargo dos cociñeiros Luís Arijón do restaurante Nojira, Kike Piñeiro e Eloy Cancela da Horta do Obradoiro e Iago Pazos do Grupo Abastos.

A asistencia é de balde pero é preciso inscribirse previamente a través do departamento de Promoción Económica posto que as prazas son limitadas.

Os obradoiros terán lugar nas instalacións do mercado os días 1, 7 e 15 a partir das sete da tarde.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí