O Pazo de Goiáns acolle este sábado o XV Festival de Bandas

BOIRO> O Pazo de Goiáns acolle este sábado o decimo quinto Festival de bandas de música. Contará con máis dun cento de músicos en escena, tanto da escola de música de Boiro como da banda de música convidada procedente da localidade toledana de Yeles.

Máis dun cento de músicos subiranse ó escenario este sábado no Pazo de Goiáns no marco do Festival de Bandas de Música. Ademais dos veteranos, participarán no uns 30 alumnos da escola de música.

Como convidada asistirá a banda municipal da localidade toledana de Yeles, fundada polo boirense Gustavo Romero.

O encontro, que acada xa a súa decimo quinta edición, ten por obxectivo xuntar a antigos membros da banda de Boiro, que levaba sen apenas actividade dende o ano 2020.