POBRA> A Pobra do Caramiñal será un ano máis un dos portos de referencia da Regata Rías Baixas na súa 61.ª edición, sendo a única localidade participante da provincia da Coruña.
A proba desenvolverase do 14 ó 18 de agosto en varias etapas, con inicio e chegada ó porto de Vigo.
Dende a entidade organizadora, o Real Club Náutico vigués destacaron o altísimo nivel desta regata, así como tamén a súa compoñente máis turística, xa que é aproveitada tamén para dar a coñecer as localidades polas que pasa.
Dende o concello da Pobra destacaron este tipo de probas e o feito de poder formar pate dela dende hai anos, xa que se trata dunha boa oportunidade para dar a coñecer o municipio.
A regata, na que está prevista unha participación próxima ás sesenta embarcacións, componse de cinco etapas: Vigo-Combarro, Combarro-A Pobra, A Pobra -Combarro, Combarro-Vigo e Vigo-Vigo.