RIBADUMIA> Uns 250 deportistas daranse cita este domingo en Ribadumia na sexta edición da XCO Kiwi Atlántico. Trátase dunha proba de mountain bike cun percorrido técnico que organiza o Club Ciclista Ribadumia pola contorna desta empresa. De feito, as súas instalacións forman parte do percorrido. Este ano a proba é puntuable para o campionato galego.
Neste domingo, día da nai, en Ribadumia mandará o ciclismo. O municipio acolle a sexta edición da XCO Kiwi Atlántico, organizada polo Club Ciclista Ribadumia.
O percorrido incluirá unha espectacular chegada ás instalacións de Kiwi Atlántico.
Este ano a proba é puntuable para o Campionato Galicia. A previsión é reunir este domingo en Ribadumia uns 250 ciclistas, con gran protagonismo para a rapazada. A proba conta co apoio do Concello. O alcalde destaca o traballo feito polo club local na dinamización do deporte no municipio.
Esta XCO conta tamén co apoio da Xunta e a Deputación de Pontevedra.
Dende a Federación Galega felicitan ao Club Ciclista Ribadumia polo seu traballo, nunha fin de semana ademais de moita actividade sobre rodas.
O prazo de inscrición para participar nesta proba en Ribadumia rematará este mércores.







