Pontón pide concentrar o ‘voto do País’ no BNG lembrando que o futuro da ría de Arousa tamén se xoga o 29N

VILAGARCÍA> Conta atrás para as eleccións xerais. O BNG reivindicou este martes dende Vilagarcía que neste 29N tamén está en xogo o futuro da ría de Arousa. A voceira nacional do Bloque, xunto coa cabeza de lista por Pontevedra, defenderon que a ría non pode ser tratada como un vertedoiro industrial, coa ameaza de proxectos como o de Altri. Piden ter máis forza en Madrid para conseguir os fondos precisos para o saneamento completo das rías, advertindo ademais de que a produtividade das rías, da que dependen milleiros de familias, está en caída libre tras décadas incumprimentos do PP e o PSOE.

Dende Vilaxoán, a voceira nacional do Bloque pediu concentrar o ‘voto do País’ na papeleta do BNG para que Galicia teña máis forza en Madrid.

Na compaña da cabeza de lista a Congreso por Pontevedra, os nacionalistas puxeron o foco na ría porque, din, o seu futuro tamén se xoga nestas eleccións. Tamén un momento clave para o seu futuro ante a merma da produtividade ou ante o rexurdir de posibles ameazas como Altri.