‘Queremos proxectar Pontevedra e posicionala a nivel mundial’

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/02febreiro/26/balance_premio_onu.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/02febreiro/26/balance_premio_onu.mp4{/flowplayer}

 

PONTEVEDRA> O prezado premio ONU-Hábitat leva menos de vintecatro horas en Pontevedra pero continúa a marcar gran parte da actividade do concello. Esta mañá, o alcalde volveu destacar a importancia deste recoñecemento, co que buscan proxectar Pontevedra a nivel internacional.

Xa na casa e ante os medios locais, o alcalde presentou o premio ONU-Hábitat. Un galardón que recoñece a Pontevedra como “A cidade centrada nas persoas”.

Incluso en España, proxectos como o de San Sebastián optaron ao galardón que finalmente rematou en mans pontevedresas, e que lle valeu á cidade numerosos parabéns.

Fernández Lores preferiu, ademais, ignorar as declaracións realizadas onte polo voceiro municipal do Partido Popular. Jacobo Moreira aseguraba onte que a realidade do paro recibiría ao alcalde á súa volta do paraíso do luxo.

O alcalde céntrase agora nas dúas xornadas que Pontevedra dedicará a celebrar o premio. O acto do día cinco no Teatro Principal será máis institucional e estarán presentes todos os que dalgún xeito participaron en crear este modelo de cidade. Ao día seguinte, a celebración sairá á rúa.

Tamén está en casa o cheque que acompañaba o premio; 30 mil dólares que, como xa se anunciara, destinaranse a cubrir as necesidades máis importantes da Rede Axuda.