Buscan a dúas menores de Ribeira desaparecidas dende a tarde do domingo

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/09setembro/28/desaparicion_moza_aguino_2809151.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/09setembro/28/desaparicion_moza_aguino_280915.mp4{/flowplayer} RIBEIRA> Dúas menores de Ribeira permanecen desaparecidas dende a pasada tarde. Os familiares sospeitan que as rapazas marcharon voluntariamente e poderían estar en Vigo segundo a chamada realizada a pasada noite por unha delas. Sarai Folgar e Alba Sampedro faltan das súas respectivas casas, en Ribeira, dende a pasada tarde. As mozas, de quince anos, foron vistas por última vez en Aguiño, preto da casa dos avós de Sarai, onde residía temporalmente. A partir de aí todo son conxeturas sobre o seu paradoiro. A pista máis fiable foi a chamada realizada por Alba, de madrugada, comunicando ós familiares que se atopaban en Vigo. Os familiares de Sarai tamén teñen claro que se trata dunha marcha voluntaria, motivada polos problemas que viña arrastrando a moza dende hai meses e que provocaron un desgaste na relación cos pais. A policía trata agora de localizar ás menores para que volvan coas súas familias. Mentres tanto, a nova correu como a pólvora polas redes sociais grazas ó apoio de amigos e veciños. Os familiares agardan que a ampla difusión do acontecido contribúe a dar canto antes coas mozas.