RIANXO> Despois de varias semanas de traballo, as obras de mellora da contorna da estrada e dos accesos ó hórreo do Araño, encaran xa a súa recta final.
En palabras do alcalde, Julián Bustelo, trátase dunha actuación moi demandada que busca rexenerar un espazo que se atopaba moi degradado.
A actuación conta cun orzamento de preto de 216 mil euros. A Xunta de Galicia, a través da Axencia de Turismo, financia uns 145 mil, grazas ó convenio asinado no seu día co Concello,e a parte restante é asumida con cargo ás propias arcas municipais
Rematada a parte máis importante da actuación, o seguinte paso será pintar as prazas de estacionamento e instalar a nova sinalización.











