A festa da Dorna tamén se rende á Covid-19

RIBEIRA> A asemblea de peñas acordou esta fin de semana cancelar a presente edición debido á situación actual provocada pola pandemia.

Finalmente optouse tamén por cancelar as actividades programadas que ían ser retransmitidas vía streaming e non presenciais, debido á situación actual, na que se produciron rebrotes na zona e ás aglomeracións rexistradas nas últimas noites da fin de semana.

Por último na xuntanza acordouse tamén que a Copa da Real e Ilustre, que se entrega á peña gañadora dos diferentes concursos que se organizan, luza este ano no Hospital do Barbanza como símbolo de agradecemento ó incansable labor de todo o persoal sanitario, dende a limpeza, á seguridade pasando polos médicos e enfermeiros.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí