RIBEIRA> O salón de actos da Casa do Mar de Aguiño foi o lugar escollido para a celebración do seminario baixo o título ‘As confrarías de pescadores como modelo para un ordenamento da pesca na Galicia do século XXI’.
Á xornada, asistiron numerosas autoridades, entre elas o conselleiro de Mar, Alfonso Villares, e o alcalde de Ribeira, Luís Pérez Barral. Os dous destacaron o traballo realizado pola entidade nestes anos.
No Seminario, dirixido polo historiador local, Ciprián Rivas, contou coa participación do profesor Daniel Bravo Cores; o director xeral de Pesca, Innovación e Acuicultura, Antonio Basanta, e o presidente da Federación Galega de Confrarías, José Antonio Pérez.
Os actos conmemorativos tiveron continuidade tamén na xornada de tarde co descubrimento dunha placa en recoñecemento a aqueles socios e socias fundadores, representados en José Fernández Gude, Manuel Sampedro Rey, Gerardo Santamaría Olveira, Josefa Ramos Hermo, María Isabel Abraldes Regueira e Ramona Irene Álvarez











