O Martes de Carnaval volve a ser festivo en Ribeira

RIBEIRA> A corporación ribeirense aproba o Martes de Carnaval e o Día da Dorna coma festivos locais. O grupo de goberno quedouse só na súa proposta de manter o día da súa patroa, Santa Uxía coma festivo local.

Foi un dos puntos máis agardados dentro da orde do día da sesión celebrada onte pola noite. Dende hai anos existe unha certa polémica pola elección dos festivos locais e este ano non ía ser menos. O Partido Popular non foi quen de sacar adiante a súa proposta de manter a festividade da súa patroa, Santa Uxía, xunto co Día da Dorna, coma festivos locais. Nin o alcalde nin o edil de Turismo foron quen de convencer á oposición cos seus argumentos.

Dende a oposición volveron a insistir no arraigo do Martes de Carnaval.

Finalmente a proposta do goberno non saíu adiante e no seu lugar aprobouse a emenda presentada polo BNG, que apostaba polo Martes de Carnaval, o 25 de febreiro, e polo Día da Dorna, o 24 de xullo, coma festivos locais para o vindeiro ano 2020.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí